E esta noite os reis traerán...
jueves, 06 de enero de 2011
(Escrito na mañá do 5 de xaneiro)
Que che fai falla? Unha residencia da terceira idade?
Un pxom?
A aclaración do caso das vidrieiras da capela do cemiterio?
A ver, ... ti que pediches?
- xa sabes que para que traian cousas os reis, hai que pedilas con ganas e comprotarse dun xeito adeecuado para conseguilas ... -
Eu só podo deixar un adianto, a modo dos caramelos que se botan nas cabalgatas, en forma de ligazón á documentación do PXOM, [http://www.ribadeo.org/interior.php?txt=arbore_web102&lg=gal] que nestes momentos nos que escribo aínda está en internet para quen a queira consultar e pensar no tema.
En canto ó de conseguir as cousas, pasa polo camiño que comecei a expoñer antes: ver a necesidade das cousas (como introducción), pedilas por escrito como expresión e facer convencemento activo de quen ten que facer 'a entrega do agasallo' como modo. E, aínda que o 'momento máxico' poda ser unha noite, só un momento, lévase preparando moito tempo...
Gregorio Montes, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora