Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha homenaxe aos bos e xenerosos

jueves, 22 de octubre de 2009
Os milleiros de persoas que o domingo 18 asistiron á manifestación en Santiago contra a política de agresión e regresiva da Xunta contra a lingua galega, aparte da súa connotación reivindicativa, tamén foi emocional. Digo emocional polo feito que, cada un de nós que apoiamos esta protesta indirectamente lle estabamos facendo unha homenaxe a tódolos galegos/as que conservaron o idioma durante moitos anos, falo dos nosos antergos, dos nosos avós que, contra vento e marea a seguiron falando aínda nos tempos máis escuros en especial naquela “Longa Noite de Pedra”.

Deixáronnos as súas herdanzas materiais, cousas que van e veñen e outras que se evaporan co tempo. Porén a herdanza que nos deixaron do idioma é a siña de identidade que nos conecta entre o presente e mailo pasado e grazas a eles aínda perdura.

Cando se usa a lingua como “arma política”, están a non respectar e ofendendo a dignidade dos nosos antepasados, non hai peor ofensa que a falta de respecto aos finados de tódalas xeracións pasadas que nos deixaron esta riqueza cultural do noso idioma.

A mágoa é ter que aturar a algúns demagogos/as que non representan a ninguén, creando unhas plataformas dun suposto “bilingüismo” que é unha careta que poñen na face cando lles peta, creándolles un complexo que teñen no seu maxín e lles fai odiar a lingua dos seus mesmos avós querendo devolvernos ás cavernas da marxinación; o “bilingüismo” sempre existiu, todos aqueles que falan galego, tamén falan castelán.

Non coñezo a ninguén que fale galego e que descoñeza o castelán. O que teñen que procurar estes manipuladores da realidade é que, axuden a coidar o castelán con milleiros de palabras anglosaxonas que da moita mágoa escoitalas. O perigo de que non sexan ler as futuras xeracións as cantigas de “Alfonso X el Sabio”, é no é demagoxia, atópase nesta grande manipulación “política” por parte de algúns renegados en contra do idioma galego. O que se intenta por parte desas asociacións é rematar coa nosa base cultural e siña de identidade, todo isto e máis que digan e sigan dicindo fédeme a “casposo e rancio”.

Castelao dicía: “o idioma imposto non acadou matar o noso idioma natural; pero acadou degradalo” O goberno da Xunta intenta matalo paseniño aliándose con esa Asociación “Galicia Bilingüe” que lidera Gloria Lago, que non sei aínda hoxe a quen representa, que supoño que xoga o seu xogo, facer que fai o que non fai, acadar a súa parcela de poder en base a ese movemento que lidera para finalmente integrarse na rede clientelar usando unha política trapalleira e perigosa.

Porén, se aínda somos galegos é pola nosa fala. Eses mesmos galegos estiveron o domingo en Santiago defendendo a cultura do idioma e homenaxeando aos bos e xenerosos que dormen o sono da eternidade, deixándonos a herdanza desta fermosa lingua.

“Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte”, desta maneira falaba Castelao.

Cardalda, Teo
Cardalda, Teo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

O nudo das caixas: O das caixas en Galicia, que se pretende xuntar, forma un nudo gordiano que ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información