Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (10)

martes, 30 de abril de 2024
Polemio de Astorga
¡Meu querido e admirado Martiño, naqueles escritos dixeches que os bispos debían visitar as parroquias; pois, ¡xa o fan, e iso que agora non teñen cabalos!


Aquel escrito ten a súa orixe no Concilio II de Braga (572). A reunión episcopal, presidida polo mesmo Martín, ditaminou no seu primeiro canon, que os bispos debían visitar as parroquias, ensinar o símbolo aos catecúmenos antes da pascua e examinar aos clérigos da forma de administrar os sacramentos.
Un dos bispos firmantes, Polemio de Astorga, foi o que lle solicitou a Martín unha guía para realizar a visita pastoral como lla pedía o Concilio. O título «rústico» quere dicir, neste contexto, sinxelo, popular, que así o expresa o mesmo bispo no seu escrito: «necesse me fuit... cibum rusticis rustico sermone condire». É innegable a influencia do De catechizandis rudibus de San Agustín.

EMPEZA A CARTA DO BISPO SAN MARTÍN AO BISPO POLEMIO:
1.- Recibín a carta da túa santa caridade na que me dis que che escriba algo, aínda que sexa a modo de síntese, sobre a orixe dos ídolos e dos seus crimes, para a instrución dos rústicos, que retidos aínda pola antiga superstición dos pagáns, dan un culto de veneración máis aos demos que a Deus. Pero como é convinte ofrecerlles xa desde a orixe do mundo, para que o saboreen, algún elemental coñecemento racional, foime necesario facer, desa selva inxente dos tempos e dos feitos pasados, unha breve síntese para deste modo presentarlles aos rústicos un alimento tamén con estilo sinxelo. Por iso, e coa axuda de Deus, así ha de ser o principio da túa predicación.
2.- Desexamos, fillos carísimos, instruírvos no nome do Señor, nalgunhas cosas, ou que aínda non as oístes, ou que, se as tedes oído, terédelas tal vez esquecido. Rogamos, por conseguinte, a vosa caridade, que escoitedes atentamente o que se di para a vosa salvación. Sobre esta materia escribiuse moito nas divinas Escrituras, pero a fin de que conservedes na memoria, de entre esas moitas cosas, recomendámosvos o pouco que sigue.
3. Habendo creado o Señor no principio o ceo e maila terra, fixo para aquela morada celeste criaturas espirituais, isto é, os anxos, que estando na presencia del mesmo o loasen. Pero un destes, que primeiro había sido feito como arcanxo, véndose no esplendor de tanta gloria, non deu o honor debido a Dios seu creador, senón que se proclamou semellante a El, e por causa desta soberbia, con outros moitos anxos, que o imitaron, foi arroxado daquela morada celeste a este aire que está debaixo do ceo. E aquel que primeiramente tiña sido arcanxo, perdida a luz da gloria, converteuse no diabro tenebroso e horrible. Igualmente aqueles outros anxos que estiveron de acordo con el, xuntamente con el foron lanzados do ceo, e perdendo o seu esplendor, convertéronse en demoños. Os anxos restantes, os que se someteron a Deus, perseveraron na gloria da súa caridade na presencia do Señor, e chamáronse santos anxos. En efecto, aqueles anxos que xuntamente con Satanás, o seu príncipe, foron arroxados por causa da súa soberbia, chámanse anxos apóstatas e demoños.

-.-
O de Sâo Martiño foi obsequio, pero o de Xelmírez foi..., rapiña!

Diego Gelmírez

¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (10)Isto díxonolo Fandiño Fuentes, Rafael. (2017). La translatio de los Santos Mártires de Braga a Compostela. Reflexiones sobre el capítulo I, 15 de la Historia Compostelana. Cuadernos de Estudios Gallegos, 64(130), 119-140. doi:http://dx.doi.org/10.3989/ceg.2017.130.04
Resumen:
Braga, decembro de 1102. No transcurso dunha aparentemente inocente visita pastoral ás prosesións que a igrexa compostelá tiña na zona norte de Portugal, Diego Gelmírez facíase cun importante número de reliquias, deixando a aquelas terras sen os seus celestiais protectores. O suceso, calificado de "roubo" por algúns autores portugueses, aparece, sen embargo, definido como "pío latrocinio" no capítulo I, 15 da Historia Compostelana, escrito pouco tempo despois dos feitos que describe. Baseándose precisamente no contido do devandito capítulo, e incidindo en aspectos como a súa autoría e cronoloxía, o presente traballo trata de ofrecer ó leitor una reflexión sobre algúns elementos do relato que, entendemos, pasaron inadvertidos ós ollos da crítica. Ó mesmo tempo, trátase de facer un achegamento ós motivos que puideron levar a Gelmírez a actuar como finalmente o fixo, segundo unha forma de proceder que, por outra parte, non era nada excepcional naquela época.
-.-

Outro si digo:
A propia catedral de Santiago foi construída para albergar e honrar as reliquias do apóstolo Santiago. E ao largo de los séculos a catedral foi adquirindo reliquias e relicarios resultado das doazóns de peregrinos, reis e bispos. É, neste senso, especialmente célebre o "pío latrocinio": a subtracción das reliquias de Braga polo arcebispo Diego Xelmírez. Desta maneira chegaron a Compostela as reliquias de Santa Susana, San Cucufate, San Silvestre o San Fructuoso.
-.-

Pannonia
Panonia (en latín: Pannonia) foi unha antiga rexión da Europa Central, limitada ao norte polo río Danubio, que corresponde actualmente na súa maior parte do sector occidental ¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (10)de Hungría e parcialmente a Croacia, Serbia, Bosnia-Herzegovina, Eslovenia, Austria e Eslovaquia. A rexión corresponde a unha das provincia do Imperio romano.
Baixo Diocleciano, as provincias da Panonia foron divididas en catro provincias menores, Panonia I, Panonia II, Savia e Valeria, mentres que Constantino decidiu que que fosen incorporadas á Prefectura do Pretorio de Iliria.
Durante a guerra entre Constantino I e Licinio, as tropas destas provincias formaron parte dos exércitos do primeiro.
As provincias panonias serviron de primeira barreira de contención fronte aos xermanos do alén do Danubio, e o control imperial sobre elas non se relaxou ata que os visigodos entraron no Imperio baixo Valentiniano I e Valente. A derrota deste último en Adrianópolis trouxo consigo que bandas de visigodos saquearan todo o chan panónico, ata que Graciano cedeu a zona do norte do Save aos visigodos.
Cando este pobo, dirixido por Alarico I, invadeu Italia a principios do século v, xa baixo Honorio e Arcadio, a zona foi ocupada polos gépidos.
Para a poboación romanizada da Panonia isto supuxo sufrir grandes privacións, pero un pequeno grupo destes panonios sobreviviu ao redor do lago Balatón, creando a chamada cultura de Keszthely, e mantivo a súa lingua romance panona ata o século x.
A mediados do século v Panonia foi cedida aos hunos por Teodosio II, e despois da morte de Atila pasou a mans dos ostrogodos (456-471), lombardos (530-568), ávaros (560-c.800), eslavos (establecidos alí desde aproximadamente o 480; de forma independente entre 800-900), magiares (modernos húngaros) (desde 900/901); habsburgos e otomanos (desde 1526; fin da autoridade otomana en 1878). Despois da Primeira Guerra Mundial a rexión foi dividida entre Austria, Hungría e o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. (Refundido como Iugoslavia no 1929)
...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES