Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A unha oliveira intrusa

miércoles, 09 de noviembre de 2022
Quentes terras de Toledo
foron antes fogar teu,
mais no reino de Galiza
agora puxeches pé...

Aínda tendo centos de anos,
vello pé, vella raíz,
nova terra che cederon
pra á secaña lle engadir.

Nesta terra hai pan e bágoas,
mais tamén hai castiñeiros
e nas mestas carballeiras
hai carballos a milleiros!

Eles quérennos a nós,
nós a eles os queremos.
Ti, oliveira, es funeraria,
eles dannos alimento!

Oliveira aquí chegada,
se non dás vida e contento,
que de noite as nosas meigas
te devolvan a Toledo!

Cada cousa ó seu tempo!
Entre nós as oliveiras
son pra acougo dos defuntos
no adro mudo das igrexas.

E nós, vivos, somos xente
que loitamos pra vivir.
Troularemos día e noite
pra estar logo onda ti.

Non che temos nada en contra:
as olivas saben ben;
mais con elas nin magosto
nin bo viño pode haber.

Vaite logo ó camposanto,
fai alí un bo burato,
os teus pés enterra nel...
e que pasen miles de anos!

Onda ti virei despois!
Ti es rexa e eu tamén...
Unxirasme entón coa oliva
e feliz serei no Alén!
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES