Notas de prensa

O documental 'Doxandéem, cazadores de sueños' achega á Coruña unha visión transformadora sobre o dereito a migrar

O documental senegalés 'Doxandéem, cazadores de sueños', producido por Goree Island, vén de estrearse mundialmente no Festival Panafricano de cine de Ouagadougou (FESPACO), en Burkina Faso, e, tras pasar por pantallas de Senegal, Francia e Alemaña, protagoniza neste outono unha viaxe polas pantallas da provincia, da man da Deputación da Coruña.

O luns 30 de outubro, ás 18:30 horas, o filme chega á cidade da Coruña, cunha proxección no Fórum Metropolitano. A entrada é libre ata completar o aforo. Tras o visionado da peza, haberá un coloquio coa participación de Djibril Faye e de Said Hamdad, mediadores senegalés e arxelino respectivamente que forman parte do equipo da ONG Ecos do Sur na Coruña.

“Doxandéem, cazadores de sueños”, convida a coñecer unha visión diferente, emocionante e transformadora, sobre o dereito a migrar. Trátase dunha historia narrada a través das vivencias de Mamadou, senegalés, e Laura galega, unha parella intercultural e emprendedora, e as súas viaxes de ida e volta entre Senegal e Galicia. Na actualidade, ambos desenvolven un proxecto coa mocidade de Gandiol (Senegal).

Este documental forma parte da Programación cultural de outono 4x3 da Deputación de A Coruña e presentarase da man da ONGD Ecos Do Sur, que moderará os debates posteriores ás proxeccións. Despois da Coruña, o film viaxará ata Santiago, Ordes e Ribeira.

Sobre o documental

En 2006 un mozo senegalés, como tantos outros, deixou a súa terra natal a bordo dun caiuco, para perseguir o soño dunha vida mellor. Acadou as costas europeas con éxito, pero pronto decatouse da magnitude do cambio: a viaxe acababa de comezar. O verdadeiro

desafío foi desenvolverse nunha terra estrana e chea de obstáculos. Mamadou Dia pasou no estado español nove anos, nos que escribiu un libro, “3052. Persiguiendo un sueño”, no que plasmou a súa utopía de volver ao seu país e traballar para mudar as cousas. E así o fixo. En 2014 voltou, e xunto coa súa esposa, a ferrolana Laura Feal, foron materializando un espacio de creación, de pensamento e de desenvolvemento coa mocidade en Gandiol, a súa aldea natal no norte do país, que hoxe ten eco a nivel nacional e internacional.

O documentalista e músico senegalés, Saliou Waa Gendoum Sarr interesouse nesta historia “porque reflexa a complexidade das migracións, a maxia dos encontros”. Co seu ollar crítico e poético, Sarr acompaña a Mamadou pero tamén a Laura e outras persoas durante cinco anos nas súas pesquisas máis profundas, indagando nas situacións complexas que derivan da mobilidade. ‘DoxandeemÂ’ é unha palabra en wolof que significa persoa errante, camiñante. A obra é un canto á liberdade de movemento e o descubrimento dunha Ãfrica que se nos presenta lonxana, pero coa que estamos estreitamente ligados e na que se presentan propostas inspiradoras para o mundo global.

ONG Ecos do Sur

Ecos do Sur traballa para que a convivencia entre persoas de orixes diversas e con realidades distintas frutifique nunha sociedade máis próspera, máis xusta e orgullosa da súa diversidade. Por iso, desde 1991 loita contra a exclusión social especialmente vinculada ao acceso a dereitos de cidadanía e participación. Para isto, arma un potente equipo que inclúe a profesionais da sociología, a psicoloxía, o dereito, a educación e a integración social, a orientación laboral, a mediación intercultural, o traballo social ou o xornalismo: algúns dos mellores especialistas en xestión da interculturalidad de Galicia están comprometidos con Ecos do Sur e, xuntos, fan realidade innovadores proxectos de transformación social.

Ecos do Sur, 2023-10-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-catedral-sant.jpg) Tivo lugar a entrega de distintivos Q e S de Calidade Turística 2024 da Axencia de Turismo de Galicia. Este ano entregáronse 53 novas distincións Q de Calidade e 39 S de Sostibilidade. Actualmente, Galicia é a segunda comunidade autónoma con máis distintivos Q e a cuarta de distintivos S. O sector turístico galego atravesa un dos seus mellores momentos, con cifras récord no 2023 e cada vez máis diversificado e desestacionalizado, e con máis de 1,3 millóns de viaxeiros que se aloxaron nos establecementos turísticos galegos nos primeiros catro meses do ano e á crecente tendencia á internacionalización do destino, cun crecemento do 5% do número de turistas estranxeiros que se aloxaron en Galicia no que vai de ano.
Foto de la tercera plana (universidade-estudante.jpg) Un total de 106 universitarios que remataron os seus estudos no ano 2023 veñen de ser galardoados cos Premios fin de carreira pola súa excelencia académica. Así o recoñece a Xunta de Galicia, que publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución con estas distincións. O 62% do alumnado recoñecido son mulleres e, do total de galardoados, 52 pertencen á Universidade de Santiago de Compostela, 35 á de Vigo e 19 á da Coruña. Os mellores expedientes distribúense entre 64 titulacións nos diferentes campus.

Notas

O profesor do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña, José Antonio Orosa García, e Ander Ruiz Zardoya, doutorado pola UDC, acaban de ser galardoados pola revista especializada do ámbito mariño Journal of Marine Science and Engineering (JMSE) (Q1), polo seu artigo 'Methodological Design Optimization of a Marine LNG Internal Combustion Gas Engine to Burn Alternative Fuels'.
Tivo lugar o xoves 30 de maio no salón de plenos de Concello de Paradela a reunión do xurado do XXIX CERTAME LITERARIO MANUEL ORESTE RODRÃGUEZ LÓPEZ, que organiza o propio Concello. Os primeiros premios foron para LUIS LEXANDEL P. G. (CUBA) na categoría de poesía; CRISTÓBAL S. P. (PONTEVEDRA) en narrativa, e JESÚS C. N. (SANTIAGO DE COMPOSTELA) na categoría Camiño de Santiago.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES